saltar ao contido

O Parlamento de Galicia recibe a visita do Centro Galego de Santander

 

 
 
Santiago, 27 de setembro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, acompañada polo secretario e o vicesecretario da Mesa, José Manuel Balseiro e Ricardo Varela, respectivamente,  recibiron esta mañá a unha delegación de directivos e socios do Centro Galego de Santander, que acudiron acompañados por integrantes doutras entidades tamén radicadas en Cantabria, como a Casa da Comunidade Valenciana, o Centro Aragonés e a Asociación de Salmantinos, que hoxe se atopan en Santiago para celebrar o Xacobeo 2010.
 
O encontro, celebrado no Salón dos Reis da Cámara galega, serviu para evidenciar os tradicionais lazos fraternais entre galegos e cántabros, que os participantes neste encontro apostaron por seguir cultivando.
 
Rematada a recepción, a delegación cántabra efectuou unha visita guiada ás diferentes dependencias do Parlamento de Galicia.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación
 
 
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina