O Parlamento de Galicia acorda manifestar ao seu apoio aos oito sindicalistas de AIRBUS, na confianza da súa honradez e no recoñecemento do seu longo labor durante anos, que reportou beneficios á empresa e ao conxunto de traballadores e traballadoras, comprometéndose a utilizar todos os medios ao noso alcance para defender o dereito á folga e os demais dereitos de traballadores e traballadoras e a liberdade de expresión da cidadanía.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2016