A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 26 de marzo de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 20 de marzo de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Debate do ditame e das propostas de resolución,
aprobados na reunión da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, en relación cos Informes de fiscalización do sector público de Galicia, contidos na Memoria de actividades do Consello de Contas de 2017 (conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2016) (doc. núm. 33638, 10/ICON-000003).
Punto 2. Texto lexislativo
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, reguladora da actividade dos grupos de interese en Galicia (doc. núm. 41626, 10/PPL-000033)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 398, do 14.12.2018
Punto 3. Comparecencia
47929 (10/CPP-000096)
Da Sra. conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición propia, para dar conta da súa política en materia de xestión de residuos
Punto 4. Mocións
4.1 47839 (10/MOC-000132)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co sector da industria electrointensiva galega e o expediente de regulación de emprego temporal presentado por Ferroatlántica. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 41768, publicada no BOPG nº 405, do 03.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 12.03.2019)
4.2 47848 (10/MOC-000133)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de vivenda protexida. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 44325, publicada no BOPG nº 423, do 31.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 12.03.2019)
4.3 47849 (10/MOC-000134)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia lingüística. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 37279, publicada no BOPG nº 362, do 26.09.2018, e debatida na sesión plenaria do 12.03.2019)
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 42194 (10/PNP-003186)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación coa industria electrointensiva
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
5.2 45086 (10/PNP-003388)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia respecto da protección dos "garranos"
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 427, do 06.02.2019
5.3 45234 (10/PNP-003395)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 5 máis
Sobre o mantemento pola Xunta de Galicia do seu apoio aos profesionais que traballan no campo galego a tempo parcial, así como o impulso das medidas necesarias para fomentar e protexer a súa actividade nel
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
5.4 45692 (10/PNP-003427)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e Pierres López, María Luisa
Sobre a remisión polo Goberno galego ao Parlamento de Galicia, antes do remate da X lexislatura, dun proxecto de lei de mobilidade sostible para a súa aprobación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
5.5 46385 (10/PNP-003483)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a elaboración e aprobación polo Goberno galego, antes do remate de 2019 e coa participación dos grupos parlamentarios, dun novo plan de xestión de residuos urbanos de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 437, do 27.02.2019
5.6 46854 (10/PNP-003517)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 14 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co establecemento dun marco enerxético estable e un prezo eléctrico competitivo consensuado co sector electrointensivo, así como a actuación que debe levar a cabo respecto da presentación dun expediente de regulación de emprego temporal na empresa Ferroatlántica.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 437, do 27.02.2019
5.7 47354 (10/PNP-003574)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto das reivindicacións do persoal da compañía Bosch con sede en Vigo, así como as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co expediente de regulación de emprego temporal presentado pola empresa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 13.03.2019
5.8 47456 (10/PNP-003588)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as xestións que debe realizar diante do Goberno central en relación co concurso voluntario de acredores con proposta de liquidación para a fábrica de Poligal en Narón
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 13.03.2019
Punto 6. Interpelacións
6.1 46711 (10/INT-001549)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a política do Goberno galego en relación coa atención primaria da saúde
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
6.2 47099 (10/INT-001565)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa posición amosada polos colectivos e profesionais respecto das medidas anunciadas para reformular o modelo de atención primaria no sistema público sanitario, así como a incidencia destas nos problemas existentes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
6.3 47129 (10/INT-001567)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e 3 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co emprego no sector do telemárketing
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
7.1 47924 (10/POPX-000136)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar os conflitos laborais abertos nalgúns dos servizos públicos fundamentais da comunidade autónoma
7.2 47935 (10/POPX-000137)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a posición do Goberno galego en relación coas discriminacións a Galicia e os privilexios de Ence
7.3 47936 (10/POPX-000138)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para darlle resposta á contestación social respecto das súas políticas nos ámbitos centrais da súa acción de Goberno
Punto 8. Preguntas ao Goberno
8.1 47923 (10/PUP-000235)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da decisión do Ministerio de Xustiza de apartarse por primeira vez da proposta de creación das novas unidades xudiciais formulada de xeito consensuado pola Comisión Mixta formada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o Goberno galego
8.2 47931 (10/PUP-000237)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da atención das demandas do estudantado referidas á posta en marcha de políticas urxentes contra o cambio climático
8.3 46919 (10/POP-005604)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a avaliación que fai a Xunta de Galicia dos datos reflectidos na documentación técnica asociada á solicitude de autorización da vertedura das augas pluviais procedentes da balsa da Bama, incorporada ao proxecto mineiro de Touro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
8.4 47928 (10/PUP-000236)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para resolver a situación das empresas auxiliares afectadas polos impagamentos do sector naval da ría de Vigo
8.5 46619 (10/POP-005545)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a opinión e as medidas previstas pola Xunta de Galicia en relación coa obriga de cursar a materia de Relixión no bacharelato
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 437, do 27.02.2019
8.6 42816 (10/POP-005046)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre os cambios introducidos nos pregos de contratación do Servizo de transporte sanitario urxente terrestre en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
8.7 42872 (10/POP-005056)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a valoración por parte da Xunta de Galicia do impacto da eliminación da Área sanitaria de Valdeorras na calidade da asistencia sanitaria no Hospital Comarcal de Valdeorras
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
8.8 46884 (10/POP-005600)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rey Varela, José Manuel e 10 máis
Sobre as previsións do Goberno galego referidas á creación dunha unidade de referencia para a diagnose e asesoramento respecto das patoloxías relacionadas coa exposición ao asbesto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
8.9 47156 (10/POP-005639)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia do desenvolvemento do programa Nelson Mandela, de inclusión e integración social das persoas en situación de reclusión en penitenciarías
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
8.10 47257 (10/POP-005636)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e Fernández Fernández, Raúl
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para diminuír o número de accidentes de tráfico provocados polos xabarís
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 13.03.2019
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2019
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente