saltar ao contido

Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia prevista para o 30 de xullo de 2021

A Presidencia, á vista do acordo da Mesa do Parlamento do día 27 de xullo de 2021 e logo da solicitude formulada polas deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 30 de xullo de 2021, ás 12.00 horas, coa seguinte orde do día:
 
Punto único: Solicitude das deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de celebración urxente dunha reunión da Deputación Permanente para que se proceda á convocatoria dun Pleno extraordinario que contemple na orde do día a comparecencia do conselleiro de Sanidade para informar sobre as medidas para frear a quinta onda da covid-19, o colapso da Atención Primaria e dos Servizos de Urxencias, e o funcionamento do sistema de rastrexo de persoas positivas (doc. núm. 19105; 11/SCDP-000005).
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina