Santiago, 3 de agosto de 2022.- O presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández de Rojas, entregou este mediodía ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2021.
Dividida nos habituais cinco capítulos, o documento deste ano inclúe 80 consideracións, opinión e aportacións dos membros do Consello sobre a realidade e os principais retos socioeconómicos de Galicia, desde a demografía á dixitalización pasando pola transición enerxética ou o crecemento inclusivo.