saltar ao contido

Visita institucional do Consello da Cultura Galega ao Parlamento logo da reelección da presidenta

Santiago, 12 de setembro de 2022.- A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, acompañada polos integrantes da Comisión Executiva da institución, reuniuse este mediodía do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Trátase dunha visita institucional posterior á reelección de Rosario Álvarez como presidenta do Consello da Cultura Galega. Durante a rreunión, Santalices reiterou a disposición do Parlamento de Galicia para manter e reforzar a colaboración institucional entre o Lexislativo autonómico o Consello da Cultura Galega.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina