A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 23 de setembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 40508 (11/PNC-003563)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno do Estado para que se inclúan as explotacións extensivas de ceba tradicional nas axudas establecidas no Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, que desenvolve o Plan nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína
BOPG n.º 379, do 14.09.2022
Sométese a votación por puntos:
Punto 1: resulta aprobado por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
Punto 2: resulta rexeitado por 3 votos a favor, 7 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
O Parlamento insta a Xunta a reclamar do goberno do Estado:
"A modificación do RD 428/2022 de 7 de xuño e que na súa liña d) inclúa aos produtores e produtoras perceptores dos pagos directos da PAC regulados no Real Decreto 1075/2014, de 19 de decembro que neste decreto figuran na liña a):
a) terneros cebados en la misma explotación de nacimiento o en cebaderos comunitarios gestionados por productores de vaca nodriza en la región España peninsular."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 40425 (11/PNC-003554)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre o impulso que debe levar a cabo a Xunta de Galicia da calidade diferenciada dos produtos alimenticios a través do fomento da inscrición de máis produtores aos distintos selos de certificación
BOPG n.º 379, do 14.09.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar impulsando a calidade diferenciada dos produtos alimenticios fomentando a inscrición de máis produtores e produtoras aos distintos selos de certificación, que teña ao fronte unha Axencia Galega para Calidade Alimentaria que poña en marcha unha web propia transparente que cumpra coas súas obrigas como axencia previstas na LOFAXGA, publicando o contrato plurianual de xestión que cumpra co artigo 80 se dita lei, o plan de acción anual que debe aprobarse no primeiro trimestre de cada ano, o informe de actividade e as contas anuais."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 40429 (11/PNC-003555)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para mellorar a base territorial das explotacións agrícolas, gandeiras e forestais da nosa comunidade coa garantía da protección dos valores naturais patrimoniais e paisaxísticos
BOPG n.º 379, do 14.09.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a persistir no impulso das ferramentas de mobilización da terra agraria na nosa comunidade a través da elaboración dun manual práctico para a súa integración paisaxística.”