saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 4 de outubro de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 4 de outubro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de setembro 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos Lexislativos
 
1.1 Debate e votación, polo procedemento de lectura única, do proxecto de lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde (41316, 11/PL-000015)
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
Publicación da proposta de tramitación polo procedemento de lectura única, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 

1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, da regulación do xogo en Galicia (doc. núm. 34474, 11/PPL-000011)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 318, do 12.05.2022
 
Punto 2. Comparecencia
 
2.1 40288 (11/CPP-000100)
Do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar dos avances nas medidas en marcha para o reforzo da atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 07.09.2022
 
Punto 3. Mocións
 
Incluiranse, se é o caso, as presentadas e admitidas a trámite por Resolución da Presidencia da Cámara.
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 32630 (11/PNP-003381)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego de iniciativa popular, de rehabilitación dos dereitos do persoal do Servizo Galego de Saúde suspendidos pola Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos de Galicia, para o exercicio 2010
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 360, do 12.08.2022
 
4.2 36257 (11/PNP-003237)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 14 máis
Sobre a solicitude que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España dun PERTE singular para destinar os fondos necesarios que permitan dar viabilidade aos proxectos industriais priorizados pola Comunidade Autónoma
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 334, do 22.06.2022
 
4.3 36955 (11/PNP-003309)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia, do Bloque Nacionalista Galego e dos Socialistas de Galicia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para facer efectiva a asistencia sanitaria ás persoas afectadas con enfermidades raras, así como a actualización dos criterios e importes establecidos na Orde do 30 de marzo de 2001 pola que se regulan prestacións por desprazamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 350, do 26.07.2022
 
4.4 37488 (11/PNP-003336)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia, logo do acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias, dun plan a dous anos para auditar os concellos co fin de minimizar as perdas de auga
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 353, do 01.08.2022
 
4.5 40963 (11/PNP-003471)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que as familias con rendas per cápita inferiores a 12.000 € poidan facer fronte aos gastos de inicio de curso
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 
4.6 41603 (11/PNP-003518)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
Sobre o apoio do Parlamento de Galicia á prohibición do proxenetismo e as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia contra a explotación sexual e a favor da abolición da prostitución
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
 
4.7 41720 (11/PNP-003528)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 14 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central relativa á incorporación, na axenda da reunión bilateral, de determinadas cuestións para tratar co Goberno alemán na Coruña e, no programa de traballo para a Presidencia española do Consello da Unión Europea de 2023, de determinados elementos de especial interese para Galicia
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 386, do 27.09.2022
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 36128 (11/INT-001872)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a política ambiental da Xunta de Galicia nas rías galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 22.06.2022
 

5.2 39636 (11/INT-001955)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre o impulso da economía circular en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
5.3 41162 (11/INT-001999)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre o control financeiro do Servizo Galego de Saúde exercido polo Consello de Contas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
6.1 41924 (11/POPX-000079)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas de política social previstas para dar resposta ás necesidades da cidadanía galega
 
6.2 41925 (11/POPX-000080)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a eficacia das medidas tomadas para garantir o dereito de acceso á vivenda
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 39324 (11/POP-006098)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 3 máis
Sobre a reindustrialización da Mariña lucense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 370, do 30.08.2022
 
7.2 41923 (11/PUP-000280)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as medidas que vai tomar a Xunta de Galicia ante a próxima caducidade, no mes de xaneiro de 2023, dos puntos de conexión á rede eléctrica previstos para un centenar de proxectos de construción de novos parques eólicos
 
7.3 40635 (11/POP-006200)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e Pérez López, Daniel
Sobre os criterios empregados pola Xunta de Galicia para determinar o prezo do contrato de patrocinio do concerto de Muse
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 
7.4 41296 (11/POP-006275)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre as actuacións promovidas polo Goberno galego para resolver a situación xerada polo derrubamento rexistrado na estrada LU-651 entre Folgoso do Courel e Quiroga
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 
7.5 41037 (11/POP-006228)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as previsións do Goberno galego para dar resposta á comunidade educativa da comarca de Curtis na demanda dun servizo razoable de transporte escolar que cubra as necesidades de bacharelato e formación profesional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 
7.6 41904 (11/PUP-000279)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre o proceso de adxudicación das pantallas do plan Abalar
 
7.7 39498 (11/POP-006109)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez Domínguez, Fernando e 7 máis
Sobre a situación na que se atopa o proxecto de creación do novo centro de saúde de Caldas de Reis
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 370, do 30.08.2022
 
7.8 41195 (11/POP-006244)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e 2 máis
Sobre a situación actual do proxecto de aldea modelo de Osmo, no concello de Cenlle
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina