saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 21 de abril de 2023

 A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 21 de abril de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 49969 (11/PNC-004252)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para articular o banco de explotacións agrarias e difundir a súa existencia no medio agrodandeiro

BOPG n.º 458, do 22.02.2023

 

Sométese a votación separada por alíneas:

 

Alíneas 1 e 2: resultan aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

Alíneas 3 e 4: resultan rexeitadas por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

 

--Articular de maneira inmediata o Banco de Explotacións Agrarias e difusión da súa existencia no medio agrogandeiro.

 

--Dotar de forma inmediata de persoal axeitado as OACs para a divulgación e posta en marcha deste Banco de Explotacións así como da mobilidade de terras prevista na LRTA e onde se faga un asesoramento integral ás actividades agrícolas e gandeiras, de transformación e comercialización agrarias."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 50409 (11/PNC-004297)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Candia López, María Elena e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para promover unha mellora da xestión activa de frondosas

BOPG n.º 461, do 01.03.2023

 

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12

 

deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover unha mellora da xestión activa de frondosas na nosa Comunidade mediante a tramitación dunha estratexia no primeiro semestre deste ano, coa finalidade de fomentar a conservación da biodiversidade e da multifuncionalidade dos montes como ecosistemas forestais".


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina