saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 5 de setembro de 2023

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 5 de setembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 55107 (11/PNC-004732)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio

Sobre a demanda á Xunta de Galicia para que traballe co Goberno central co obxectivo de que as confrarías de pescadores sexan recoñecidas pola Unión Europea como entidades susceptibles de optar aos fondos estruturais

BOPG n.º 523, do 12.07.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que traballe xunto co Goberno central de cara a que as institucións comunitarias recoñezan a figura das confrarías de pescadores e así poidan optar aos fondos estruturais da UE."

 

- 57239 (11/PNC-004800)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Egerique Mosquera, Teresa e 8 máis

Sobre a demanda que se propón ao Parlamento de Galicia de manifestar o seu apoio ao sector pesqueiro galego, nomeadamente á frota de Vigo

BOPG n.º 547, do 21.08.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia acorda como Resolución manifestar o seu apoio ao conxunto dos profesionais do sector pesqueiro galego, en particular á frota de Vigo, exemplo de compromiso co cumprimento da Lei, da trazabilidade e da loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e reprobar calquera valoración que, afastada da realidade, supoña poñer en cuestión o seu bo facer, como é o caso do documental elaborado por National Geographic baixo o título <<peixe de contrabando>>"

 

- 58121 (11/PNC-004854)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e 2 máis

Sobre as medidas que debe tomar a Xunta de Galicia ante a escaseza de polbo nas rías galegas

BOPG n.º 552, do 30.08.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

- Levar a cabo os estudos necesarios para determinar as causas da escaseza de polbo nas augas galegas.

- De acordo co sector, proceder á revisión das condicións a establecer no Plan Experimental (número de nasas, cotas máximas de captura, período de veda e control, medidas de loita contra o furtivismo, etc.).

- Dispoñer e incrementar as medidas de cobertura económica que permitan establecer paralizacións temporais, extensión da veda ou atender ao sector diante de calquera outra decisión de recuperación da especie."

 

 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina