A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 26 de outubro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 59162 (11/PNC-004939)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España co obxecto de que transfira a xestión do ingreso mínimo vital (IMV), creado a través do Real decreto lei 20/2020
BOPG n.º 561, do 13.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España a transferencia inmediata á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión do Ingreso Mínimo Vital creado a través do Real Decreto-lei 20/2020".
Aprobación con modificacións
- 61026 (11/PNC-005106)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre determinadas medidas que debe adoptar o Goberno galego co obxecto de mellorar a cobertura sanitaria no Centro de Saúde de Catoira
BOPG n.º 578, do 11.10.2023
Sométese a votación separada por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por:
Punto primeiro aprobado pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
Punto segundo rexeitado por: 4 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1. Proceder a substituír de inmediato no Centro de Saúde de Catoria a praza que quedou vacante tras a xubilación dun dos facultativos, e todas as ausencias do persoal que se produzan (ILTs), licenzas ou vacacións), para manter a asistencia sanitaria en horario completo e con persoal estable".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 60324 (11/PNC-005034)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia do impulso de unidades multidisciplinarias da dor en todas as áreas sanitarias
BOPG n.º 570, do 27.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a pór en marcha unidades multidisciplinares da dor en todas as áreas sanitarias co obxectivo de lograr unha abordaxe máis integral que repercuta nunha atención máis completa os pacientes".