saltar ao contido

O presidente do Parlamento participa nunha ofrenda floral a Miguel Ángel Blanco

Homenaxe 13/07/2017

Santiago, 13 de xullo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde en Faramontaos (A Merca, Ourense) nunha ofrenda floral ante a sepultura de Miguel Ángel Blanco, secuestrado e posteriormente asesinado pola banda terrorista ETA hai agora 20 anos.
 
O acto estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e contou coa asistencia de familiares de Miguel Ángel Blanco.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina