saltar ao contido

Pilar Rojo participou, canda o presidente do Senado e os de outros parlamentos autonómicos, na conmemoración do bicentenario da Constitución de 1812

 A reunión extraordinaria da COPREPA aprobou unha declaración institucional que reivindida os parlamentos como “referentes de calidade democrática” e insta a “dar exemplo vital de integridade ética, pragmatismo ideolóxico, eficacia administrativa e responsabilidade persoal e colectiva”

Santiago, 17 de setembro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, participou esta mañá en Cádiz, nunha reunión extraordinaria da Conferencia de Presidentes de Parlamento Autonómicos de España (COPREPA), convocada para conmemorar o bicentenario da Constitución de 1812.
 
Os actos contaron coa participación do titular do Senado, Pío García Escudero, e da maioría dos presidentes das cámaras autonómicas de España.
 
Os participantes na reunión da COPREPA aprobaron unha declaración institucional (axúntase copia) na que renden homenaxe aos integrantes das Cortes de Cádiz de 1812 e fixeron unha chamamento ao “esforzo conxunto e decidido das nosas institucións”, á “vontade de unidade e fraternidade” para superar a crise.
 
Apuntan os presidentes dos Parlamentos autonómicos que “a nosa preocupación fundamental debe ser a creación de emprego” e subliñan que “é o momento de promover o que nos une porque, só colaborando de maneira solidaria, superaremos as dificultades que nos atenazan”.
 
Eliminar enfrontamentos estériles
Nesta liña, a declaración institucional agrega que “necesitamos  que a sociedade vexa nos parlamentos autonómicos referentes de calidade democrática. Temos que contribuír a mellorar a imaxe da política, eliminando os enfrontamentos estériles e a autarquía partidista, na búsqueda do consenso”.
 
Insiste a declaración de COPREPA en que “hai que restablecer  o prestixio da política como elemento esencialmente transformador da realidade, capaz de dar resposta ás necesidades dos cidadáns propiciando o progreso social. Elo implica dar exemplo vital de integridade ética, pragmatismo ideolóxico, eficacia administrativa e responsabilidade persoal e colectiva”.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina