· A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, anima a doar sangue co obxectivo de acadar as 500 doazóns diarias necesarias para o normal funcionamento dos hospitais do Sergas.
Santiago, 28 de abril de 2015.- Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazouse esta mañá ao Parlamento no marco da campaña de concienciación que está a desenvolver nas datas previas á ponte de maio.
A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, acompaña pola directora do CTG, María Inmaculada Rodríguez Calvo, visitou este mediodía a unidade móbil que se trasladou ao recinto do Pazo do Hórreo para recoller doazóns de deputados e persoal da institución.
Pilar Rojo sinalou que o lexislativo galego se suma "encantado" ás campañas de fomento da doazón de sangue e recordou que cada día son necesarias 500 doazóns para que os hospitais do Sergas podan desenvolver a súa actividade con normalidade.
Apuntou, nesta liña, que nas datas previas ás pontes festivas, como a da vindeira fin de semana, resultan aínda máis necesarias as doazóns, dada a posibilidade de que se incremente a demanda de compoñentes sanguíneos nos hospitais por mor do posible incremento dos accidentes de tráfico.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.