saltar ao contido

O Pleno do Parlamento garda un minuto de silencio en memoria da última vítima da violencia de xénero

Santiago, 27 de outubro de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou esta mañá, ao inicio da sesión, un minuto de silencio como sinal de repulsa contra a violencia de xénero e en memoria da última vítima, que perdeu a vida na madrugada do pasado sábado en Ponte Sampaio (Pontevedra).
 
De seguido, o Pleno da Cámara elixiu tres integrantes do Consello Social da Universidade da Coruña, procedendo deste xeito á cobertura doutras tantas vacantes. Resultaron elixidos Eduardo Álvarez González, Luis Ramiro Díaz López e Luis Felipe Llamas Gómez.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina