saltar ao contido

O presidente do Parlamento de Galicia traslada as súas condolencias tralos atentados desta mañá ao seu homólogo da Rexión de Bruxelas Capital

 

Santiago, 22 de marzo de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, enviou este mediodía unha mensaxe de condolencia ao seu homólogo do Parlamento da Rexión de Bruxelas Capital, Charles Picqué, na que, en nome propio e no da Cámara galega, lle traslada unha mensaxe de “solidariedade, afecto e cercanía” logo dos “terribles atentados” rexistrados esta mañá na capital comunitaria.
 
Santalices pide ao seu homólogo da Rexión de Bruxelas Capital que faga chegar o seu pesar aos familiares e amigos das vítimas da traxedia, ao tempo que lle expresa o desexo dunha pronta recuperación ás persoas que resultaron feridas.
 
O presidente do Parlamento de Galicia conclúe que “o imperio da lei e os valores democráticos que compartimos acabarán impoñéndose sempre sobre a barbarie terrorista”.
 
Por outra parte, as bandeiras ondean a media hasta no Parlamento de Galicia en sinal de dor tralos atentados de Bruxelas.
 
 
 
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina