Santiago, 30 de xuño de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reunise esta mañá en Santiago, co embaixador de Turquía en España, Ömer Önhon, que se desprazou á Cámara galega no marco dunha visita que está a efectuar á Comunidade Autónoma.
Na entrevista, ademais de analizar a situación das relacións entre Galicia e Turquía, Santalices Vieira trasladou a Ömer Önhon a solidariedade da Cámara lexislativa galega polo atentado rexistrado o pasado martes no aeroporto de Istambul, ao tempo que fixo votos por unha pronta recuperación das persoas feridas. O presidente do Parlamento de Galicia amosouse convencido de que “o imperio da lei acabará impoñéndose sobre a barbarie terrorista”.
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia