• O presidente da Cámara. Miguel Santalices, pide que esta sexa “a Lexislatura do respecto institucional”
Santiago, 21 de outubro de 2016.- O Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a sesión constitutiva da X Lexislatura, un acto que comezou coa constitución da Mesa da Idade, continuou coa elección e constitución da Mesa do Parlamento e a promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de Autonomía por tarde de todas as deputadas e deputados da Cámara.
A composición da Mesa do Parlamento de Galicia é a seguinte:
• Presidencia: Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG)
• Vicepresidencia 1.ª: Diego Calvo Pouso (PPdeG)
• Secretaría: Raquel Arias Rodríguez (PPdeG)
• Vicepresidencia 2.ª: Eva Solla Fernández (En Marea)
• Vicesecretaría: Concepción Burgo López (PSdeG-PSOE)
Nunha breve intervención antes de rematar o Pleno, o presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, agradeceu o traballo desenvolvido polos anteriores membros da Mesa e agradeceu tamén o labor dos funcionarios e traballadores da Cámara, e dos medios de comunicación que cobren a actividade parlamentaria.
Recordou que, na pasada lexislatura, o Parlamento de Galicia deu “pasos importantes” en materia de participación, un aspecto no que, ao seu xuízo, se debe profundizar no actual mandato. Apuntou que a Cámara galega foi o Parlamento “máis produtivo e máis eficiente” e, “nesta liña, pido que sigamos profundizando no que fixemos ben, e que sexa tamén a Lexislatura do respecto institucional”.
Animou ás deputadas e deputados que cumpran coa súa función e trasladoulles que a porta do seu despacho estará sempre aberta para todo o que necesiten.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.