• Santalices Vieira recibirá individualmente aos representantes das formacións políticas con representación parlamentaria durante a mañá do vindeiro venres
Santiago, 25 de outubro de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, dirixiuse hoxe por escrito aos representantes das catro formacións políticas da Cámara galega para pedirlles que designen cadanseu representante para participar na rolda de consultas previa á designación formal do candidato á Presidencia da Xunta.
O presidente do Parlamento recibirá individualmente aos representantes das forzas políticas a partir das 10,00 horas do próximo venres, 28 de outubro; e comunicará a decisión unha vez rematadas as entrevistas e oída a Mesa da Cámara.
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.