saltar ao contido

O Parlamento de Galicia acolle mañá unha xornada de saúde pulmonar

 
 
 
. Este martes celébrase no Parlamento de Galicia a 'Xornada EPOC: un reto, un compromiso', organizada pola Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR) e a Universidade dos Pacientes
 
. Os deputados, funcionarios e xornalistas poderán realizar unha sinxela proba médica de detección desta enfermidade neumolóxica que afecta a un 10,2% da poboación entre 40 e 80 anos (un de cada 10) e cunha alta taxa de infradiagnóstico, que alcanza o 73%
 
Santiago, 8 de novembro de 2010. Mañá martes, 9 de novembro de 2010, parlamentarios, xornalistas e funcionarios do Parlamento  de Galicia terán oportunidade de someterse a unha proba de diagnóstico para coñecer se poderían sufrir EPOC (Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica). A Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR) e a Universidade dos Pacientes da Fundació Josep Laporte organizan a Xornada "EPOC: un reto, un compromiso".
 
O obxectivo desta xornada é sensibilizar e concienciar a poboación sobre unha enfermidade que se pode previr, pero que aínda ten unha elevada prevalencia e está pouco diagnosticada. Esta enfermidade neumolóxica afecta a un 10,2% da poboación entre 40 e 80 anos (un de cada 10) e presenta unha alta taxa de infradiagnóstico que alcanza o 73%
Cada ano morren 18.000 españois por causa da EPOC, feito que a converte na primeira causa de morte evitable en España e na única patoloxía relacionada co tabaco cuxa mortalidade segue aumentando.
 
Os parlamentarios, funcionarios e xornalistas acreditados no  Parlamento de Galicia poderán someterse, durante esa xornada, a unha espirometría, unha proba moi sinxela que, en tan só uns minutos, mide a capacidade pulmonar e permite coñecer a función respiratoria da persoa á que se lle realiza. A continuación, un pneumólogo ofreceralles recomendacións para manter ou mellorar a súa saúde pulmonar.
 
 
Xornada EPOC: un reto, un compromiso
Parlamento de Galicia: C/ Rúa de Hórreo, 63.
Día: Martes, 9 de novembro de 2010
Hora: 9:30-14:30 horas
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina