Santiago, 20 de marzo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía ao defensor do pobo adxunto da Cidade Autónoma de Buenos Aires e defensor do turista, José Palmiotti, que se atopa de visita na Comunidade Autónoma.
Durante o encontro, celebrado no despacho da Presidencia do Parlamento de Galicia, Santalices Vieira interesouse polo funcionamento da defensoría do Pobo da Cidade Autónoma de Buenos Aires, ao tempo que recordou os intensos vínculos que Galicia mantén coa Arxentina. O defensor do pobo adxunto da Cidade Autónoma de Buenos Aires e defensor do turista, José Palmiotti, acudiu acompañado por Daniel Minbielle, subsecretario do Instituto de Dereitos do Turista, e por Santos Gastón Juan, conselleiro por ADJERA do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.