Santiago, 27 de marzo de 2017.- A valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe Ordinario elaborado por esta institución e correspondente ao exercicio de 2016.
Comeza, deste xeito, a tramitación parlamentaria do Informe, que previsiblemente será cualificado mañá martes pola Mesa da Cámara, continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións e rematará cunha comparacencia da valedora ante o Pleno do Parlamento de Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.