saltar ao contido

Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 27 de abril de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 27 de abril de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 5571 (10/PNC-000536)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para reforzar a capacidade dos gandeiros na negociación das condicións de venda do leite e a súa participación na comercialización e valor engadido da produción
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a traballar conxuntamente cos gandeiros no fortalecemento das organizacións de produtores como instrumento para reforzar a capacidade dos gandeiros na negociación das condicións de venda do leite e a participación na comercialización e valor engadido da produción."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina