A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 14 de xuño de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de natureza normativa
Proxecto de lei
Designación da Ponencia
- 8133 (10/PL-000003)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia
BOPG n.º 104, do 25.04.2017
G.P. Popular de Galicia
D. Gonzalo Trenor López (titular)
Dª. María Ángeles García Míguez (suplente)
G.P. de En Marea
D. Francisco Casal Vidal (titular)
D. Marcos Cal Ogando (suplente)
G.P. dos Socialistas de Galicia
Dª. Patricia Vilán Lorenzo (titular)
D. José Antonio Quiroga Díaz (suplente)
G.P. do Bloque Nacionalista Galego
D. Xosé Luis Bará Torres (titular)
D. José Luis Rivas Cruz (suplente)
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 855 (10/PNC-000074)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Castiñeira Broz, Jaime e 4 máis
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia dos traballos de estudo e documentación para a ampliación da Rede Natura 2000. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar os traballos de estudo e documentación para a ampliación da Rede Natura 2000."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 8391 (10/PNC-000880)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre a execución polo Goberno galego, antes do remate do primeiro semestre de 2017, das obras de recuperación e rexeneración da praia da Carabuxeira, do seu contorno natural, incluída a praia de Lavapanos, do muro de contención e das vivendas lindeiras afectadas pola construción do porto deportivo de Sanxenxo, así como as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto
BOPG n.º 112, do 10.05.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"A) O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Que, antes do remate do primeiro semestre de 2017, acometa -no ámbito das súas competencias propias- as obras para a recuperación e rexeneración da praia da Carabuxeira (Sanxenxo), o seu entorno natural (incluída a praia de Lavapanos), o muro de contención e as vivendas colindantes.
B) O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para que se dirixa ao Goberno do Estado e inste a que:
1. No ámbito das competencias estatais e antes do remate do primeiro semestre de 2017, acometa as obras necesarias para a recuperación e rexeneración.
2. Adopte as medidas correctoras tendentes a evitar o progresivo deterioro de aporte de área á mencionada fachada marítima, previo estudo de impacto ambiental.
3. Inclúa nos orzamentos para 2017 unha partida orzamentaria específica ou, no seu defecto, proceda á inmediata execución do aval de 901.518, 16 euros que leva anos depositado polo Concello de Sanxenxo en mans da Administración de Costas do Estado."