A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 15 de decembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 19361 (10/PNC-001567)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente en relación coas soltas experimentais e a produción do parasito "Torymus sinensis" para a loita biolóxica contra a praga da avespa do castiñeiro
BOPG n.º 203, do 31.10.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, por unha banda, pida ao Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente un incremento substancial das soltas experimentais de Torymus sinensis de cara ao ano 2018 e, por outra, e, de acordo cos produtores de castaña, pida tamén ao devandito Ministerio a liberalización das soltas e da produción do Torymus”.