saltar ao contido

UNICEF entrega no Parlamento un informe sobre infancia e fenda dixital

Santiago, 8 de febreiro de 2018.- A presidenta de UNICEF Galicia, Myriam Garabito, e a responsable de Incidencia Política e Estudos de UNICEF Comité España, Cristina Junquera, entregaron esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o informe Los niños y las niñas de la brecha digital en España, que analiza as oportunidades e riscos en Internet e afonda nos colectivos máis vulnerables, os nenos e adolescentes.
 
O presidente do Parlamento agradeceu o documento, que se comprometeu a trasladar aos grupos parlamentarios que integran a Cámara. Miguel Ángel Santalices Vieira sinalou que todas as achegas deste tipo “son sempre benvidas no Lexislativo galego porque contribúen a enriquecer o traballo dos deputados e deputadas”.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina