5.1 7071 (10/PNP-000633)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa prestación de asistencia persoal para garantir o dereito á vida independente das persoas con diversidade funcional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:
• Avanzar na prestación de asistente persoal para as persoas con diversidade funcional, incrementando no inmediato as contías económicas da mesma.
• Avanzar na prestación de asistente persoal para as persoas con diversidade funcional no marco da Convención internacional sobre o dereito das persoas con discapacidade.
• Trasladar ao Goberno do Estado a necesidade de mellorar a prestación de asistente persoal, avanzado cara modelos que permitan a adaptación as necesidades de cada individuo e que, no marco do grupo de traballo do Imserso sobre a prestación de asistencia persoal, se estude a posibilidade de avanzar cara un modelo de autoxestión por parte das persoas usuarias”.
5.4 19842 (10/PNP-001472)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a introdución na etiquetaxe do selo “"pescadeRías ¿de onde se non?" do prezo pagado por quilo ao mariñeiro ou mariscadora, así como dun código QR que leve directamente ao apartado de trazabilidade do produto na páxina web www.deondesenon.xunta.galPublicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.- Indicar, mediante ligazón ao espazo web
www.pescadegalicia.gal e en base ao coñecemento de orixe e data establecido no código xa inserido na etiqueta, os valores de poxa en primeira venda do producto.
2.- Instalar un código QR ou similar no selo `PescadeRías ¿de onde se non?´que leve directamente ao apartado da trazabilidade do produto na web
www.deondesenon.xunta.gal”.
5.5 24277 (10/PNP-001753)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grupo Parlamentario de En Marea
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa inclusión das enfermidades minoritarias ou raras consideradas graves e os casos deste tipo en proceso de diagnóstico na listaxe de enfermidades reflectidas no anexo do Real decreto 1149/2011, así como a introdución neste das modificacións necesarias co fin de definir o que se considera coidado directo, continuo e permanente para os efectos dunha prestación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para solicitar:
1. A ampliación do listado das enfermidades contempladas no anexo do Real Decreto 1148/2011, de forma que inclúa aquelas enfermidades minoritarias consideras graves non incluídas no listado actual, así como os casos graves que estean no proceso de busca de diagnóstico dunha enfermidade rara.
2. Que efectúe os cambios pertinentes no Real Decreto para especificar criterios que definan o que se entende por `coidado directo, continuo e permanente´, xa que é un aspecto básico no que se fundamenta a resolución da prestación”.
5.6 24628 (10/PNP-001771)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Castiñeira Broz, Jaime e 7 máis
Sobre a inclusión pola Xunta de Galicia da construción modular de vivendas no seu Programa de vivenda de promoción pública
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incluír a construción modular de vivendas dentro do seu programa de vivenda de promoción pública, co obxectivo de avanzar na industrialización dos procesos de construción de vivendas e reducir prazos no proceso de construción de novas vivendas para os sectores máis desfavorecidos da poboación”.
5.9 24866 (10/PNP-001781)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
Sobre a presentación pola Xunta de Galicia, no primeiro cuadrimestre de 2018, dun balance da execución do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, a elaboración dun novo plan director para o período 2018-2021, así como a inclusión da acción humanitaria de calidade entre as súas orientacións estratéxicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:
1. Presentar no primeiro cuadrimestre do ano 2018 un balance da execución do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 de acordo cos resultados da avaliación final do III Plan Director da Cooperación Galega.
2. Elaborar no primeiro cuadrimestre do ano 2018 o IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021, que deberá ter en conta os resultados da avaliación final do III Plan Director da Cooperación Galega, así coma as directrices que estableza o futuro V Plan Director da Cooperación Española, afondar na posta en valor dos aspectos cualitativos da Cooperación Galega e contar coa participación de todos os axentes galegos de cooperación.
3. Incluír entre as orientacións estratéxicas do IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021 a acción humanitaria de calidade, mellorando a coordinación dos múltiples actores e a coherencia, eficacia, eficiencia e rendición de contas das respostas humanitarias”.