saltar ao contido

Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 24-04-2019

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 24 de abril de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 40267 (10/PNC-003255)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e Fernández Fernández, Raúl
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para a recuperación polas oficinas agrarias comarcais das funcións de dinamización e de asesoramento que viñan prestando aos agricultores e gandeiros
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia, doc. núm. 49350, e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Levar a cabo una análise completa da situación actual das Oficinas Agrarias Comarcais existentes en Galicia no presente ano 2019.
 
2.- Antes de rematar a Lexislatura, realizar una planificación das Oficinas Agrarias Comarcais consecuente coa realidade da actividade agrogandeira galega garantindo que as oficinas agrarias comarcais manteñan as súas funcións de dinamización e de asesoramento aos gandeiros e agricultores das zonas correspondentes, dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións."
 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina