A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 11 de maio de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 4 de maio de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Texto Lexislativo
1.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, sobre a Proposición de lei de recuperación da terra agraria de Galicia (doc. núm. 7565, 11/PPL-000003)
Punto 2. Comparecencia
2.1 15682 (11/CPP-000055)
Do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre a evolución da incidencia da pandemia en Galicia no relativo á situación epidemiolóxica e asistencial e aos avances no Plan galego de vacinación fronte á covid-19
Punto 3. Mocións
3.1 15602 (11/MOC-000040)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da covid-19 nos centros hospitalarios. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 8259, publicada no BOPG nº 83, do 27.01.2021, e debatida na sesión plenaria celebrada 27.04.2021)
3.2 15615 (11/MOC-000041)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre a política do Goberno galego en relación coa mellora da atención primaria. (Moción, a consecuencia da Interpelación doc. nº 12718, publicada no BOPG nº 115, do 24.03.2021 e debatida na sesión plenaria celebrada o 27.04.2021)
3.3 15659 (11/MOC-000042)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a política do Goberno galego en relación coa transferencia a Galicia das competencias pendentes. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 3279, publicada no BOPG nº 30, do 14.10.2020, e debatida na sesión plenaria celebrada 27.04.2021)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 2224 (11/PNP-001472)
Grupos Parlamentarios do Bloque Nacionalista Galego e dos Socialistas de Galicia
Para unha canle Xabarín Club na Televisión de Galicia e mellor difusión de programación infantil e xuvenil en galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 126, do 21.04.2021
Publicación do acordo, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
4.2 10805 (11/PNP-001063)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da encomenda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
4.3 13710 (11/PNP-001344)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 8 máis
Sobre a asunción polo Goberno galego da xestión pública directa das residencias de maiores que se van construír nas sete principais cidades de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 121, do 07.04.2021
4.4 13980 (11/PNP-001373)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas subvencións convocadas para o ano 2021 para a creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de Galicia con poboación inferior a 20.000 habitantes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 123, do 13.04.2021
4.5 14584 (11/PNP-001433)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto para a cidadanía do proceso de reestruturación e concentración bancaria que se está a producir en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
4.6 14661 (11/PNP-001445)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa lexislación orgánica en materia de saúde pública.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
Punto 5. Interpelacións
5.1 5204 (11/INT-000354)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co uso da lingua galega como lingua vehicular no ensino
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
5.2 14298 (11/INT-000823)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co emprego xuvenil
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 126, do 21.04.2021
5.3 14498 (11/INT-000840)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co emprego e coa mellora da empregabilidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 15674 (11/POPX-000029)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre o plan da Xunta de Galicia para reactivar a economía xerando emprego despois dos datos da Enquisa de pobación activa do primeiro trimestre
6.2 15675 (11/POPX-000030)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que vai a adoptar ante a crise industrial e a perda de emprego que vive Galicia
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 13814 (11/POP-001876)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre o nivel de eficacia que está a ter a aplicación dos códigos QR para detectar novos gromos de covid-19 e para controlar a capacidade dos locais de hostalaría
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 123, do 13.04.2021
7.2 14576 (11/POP-001973)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da apertura do correspondente expediente para incluír no BIC Torres de Meirás todos os bens mobles que, pola súa vinculación co sitio histórico, deben formar unha unidade e non poden ser desprazados sen autorización.
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
7.3 15641 (11/PUP-000175)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 7 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da presenza do galego no mundo dixital
7.4 15665 (11/PUP-000177)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo
Sobre as medidas que vai a adoptar a Xunta de Galicia para impedir a retirada dos bens mobles do Pazo de Meirás pola familia Franco
7.5 13740 (11/POP-001865)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre o investimento que vai realizar a Xunta de Galicia no ano 2021 en axudas destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a posta en marcha de programas específicos de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 121, do 07.04.2021
7.6 15673 (11/PUP-000178)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e Rodil Fernández, Olalla
Sobre as condicións económicas e de traballo do persoal de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña
7.7 14290 (11/POP-001936)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 2 máis
Sobre as intencións do Goberno galego de dotar o Hospital da Mariña, en Burela, dunha consulta de cirurxía vascular
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 126, do 21.04.2021
7.8 14591 (11/POP-001977)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as razóns para non chamar a vacinar as persoas aseguradas mediante mutuas privadas na orde e momento que lles corresponde en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
7.9 14562 (11/POP-001971)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre a valoración que fai a Consellería do Medio Rural da implicación do sector primario na convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos promovidos por pequenas e medianas empresas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente