saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 19 de outubro de 2021


A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 19 de outubro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 22036 (11/PNC-002087)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas obras de seguridade nos portos de Malpica e de Barizo
BOPG n.º 206, do 29.09.2021
 
Sométese a votación separada por puntos:
 
Punto 1: resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra a 0 abstencións.
Punto 2: resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a levar a cabo con premura os investimentos necesarios na dársena do porto de Malpica e Barizo e no dique de abrigo, ademais do apuntalamento do tramo de acceso da dársena para vehículos pesados."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 21289 (11/PNC-002023)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España de censurar diante da Unión Europea o comportamento do Goberno de Noruega sobre a frota bacallaeira e a exixencia de medidas de sanción fronte ao recorte unilateral de cotas de pesca de bacallau
BOPG n.º 198, do 15.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para censurar diante da UE o comportamento do Goberno de Noruega sobre a flota bacallaeira, así como para esixirlle que se adopten medidas equivalentes de sanción fronte ao recorte unilateral de disposición de cotas de pesca de bacallau”.
 
- 21828 (11/PNC-002069)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel e Pérez Fernández, Rosana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para executar as obras de mellora da seguridade da dársena de Malpica de Bergantiños
BOPG n.º 202, do 22.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a executar á maior brevidade posible as obras de mellora da seguridade da dársena de Malpica, e a comprometerse a incluír nos orzamentos do 2022 unha cantidade suficiente para a súa execución íntegra, ou no caso de realizarse por fases, incluír cantidade suficiente para a execución dunha primeira fase.”
 
Procedementos de elección, designación e proposta
nomeamento
Elección membros da Mesa
 
Elección de vicepresidente
 
-  (11/CEEM-000031)
 
Vicepresidenta: dona Ana Belén García Vidal
 
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina