saltar ao contido

Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 17 de marzo de 2022

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 17 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 25946 (11/PNC-002443)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia do modelo "cohousing", pensado para maiores que sexan autónomos ou cun grao de dependencia leve
BOPG n.º 243, do 17.12.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a poñer en marcha, dentro do novo modelo de coidados, o modelo cohousing, pensado para maiores que sexan autónomos ou cun grao de dependencia leve que permite, non só manter certa independencia, senón contar ao mesmo tempo cos apoios necesarios para o día a día, e se minimiza outro problema como o da soidade non desexada”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina