saltar ao contido

Responsables do 112 de toda España visitan o Parlamento de Galicia

Santiago, 17 de novembro de 2022.- Responsables do 112 de toda España visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e efectuaron unha visita guiada á sede da institución.
 
Galicia acolle estes días o Congreso Anual de Responsables de 112 de España, que volven reunirse presencialmente logo do parón derivado da pandemia. O grupo acudiu acompañado polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina