saltar ao contido

Santalices: “A igualdade é un camiño sen retorno no que cadaquén debe involucrarse na medida das súas posibilidades"



  • O presidente do Parlamento participou na entrega do VII Premio Executivas a Carmen  Canal, cofundadora de Aceites Abril

 

  • Subliña o vínculo entre educación e igualdade e recorda ás mulleres iranianas e a todas as mulleres oprimidas

Santiago, 30 de novembro de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde en Santiago no acto de entrega do VII Premio Executivas a Mª Carmen Canal López, cofundadora de Aceites Abril, á que considerou un exemplo para o resto das mulleres e para as empresas da Comunidade.

 

Santalices recordou as dificultades das mulleres para acceder á educación ao longo da historia e apuntou que “educación e igualdade son realidades paralelas, na medida en que a maior e mellor educación, maior igualdade, como sucede na Galicia dos nosos días".

 

Ao seu xuízo, a igualdade real entre mulleres e homes é “un camiño con atrancos, certo; pero un camiño sen retorno no que cadaquén debe involucrarse na medida das súas posibilidades: na administración e na empresa, na casa e na escola, nos espazos públicos e na vida privada".

 

O presidente do Parlamento de Galicia rematou a súa intervención lembrando ás mulleres iranianas e a todas as mulleres oprimidas, “porque ningunha norma, ningunha crenza, ningunha tradición pode pretender estar por riba da dignidade e da igualdade entre as persoas".

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina