A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 21 de setembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 53954 (11/PNC-004636)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre a información que debe facilitar a Xunta de Galicia respecto dos traballos realizados pola Comisión para a planificación e impulso de proxectos que financia o instrumento Next Generation EU
BOPG n.º 502, do 07.06.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que remita ao Parlamento un informe exhaustivo sobre os traballos realizados pola “Comisión para a Planificación e Impulso de Proxectos a financiar polo instrumento Next Generation EU" prevista na lei de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, que inclúa:
a) Data de todas as súas reunións.
b) Materias que se trataron en cada reunión.
c) Actas desas reunións, no caso de existir.
d) Documentos que xustifiquen e acrediten os traballos realizados pola comisión.
e) Plan de traballo desa comisión, no caso de existiren".
- 56801 (11/PNC-004787)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia da dixitalización de todas as salas de vistas dos xulgados galegos durante o presente ano 2023
BOPG n.º 543, do 11.08.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a proceder á dixitalización de todas as salas de vistas dos xulgados galegos durante o presente ano 2023".