saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o día 29 de setembro de 2023

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 29 de setembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 58512 (11/PNC-004885)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que dote os centros educativos de Galicia de mecanismos e ferramentas a favor da boa convivencia, da ausencia de discriminación e contra o acoso

BOPG n.º 557, do 07.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a que dote aos centros educativos de Galicia de mecanismos e ferramentas que axuden á prevención, denuncia e tratamento de calquera situación contraria á convivencia, con especial atención ao acoso nas aulas ou a través de medios tecnolóxicos.

 

Os plans ou medidas que desenvolva o Goberno galego incorporarán, na medida das posibilidades de execución e financiamiento, cuestión como:

 

- Campañas de sensibilización para que as redes sociais non sexan só parte do problema senón parte da solución.

- A posibilidade de crear nos centros educativos puntos físicos e telemáticos de denuncia de casos de acoso escolar e/ou ciberacoso.

- O reforzo da figura dos titores de grupo nos centros e o recurso de titorías entre iguais".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 58545 (11/PNC-004961) e corrección de erros 59428

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Ferro Iglesias, José Luis e 6 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que remita as reproducións de toda a documentación eclesiástica, pía e asistencial galega froito das desamortizacións do século XIX que obra en poder do Estado

BOPG n.º 556, do 06.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións  respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España a remisión á administración autonómica, no prazo dun ano, das reproducións de toda a documentación eclesiástica, pía e asistencial galega que obra no poder do Estado froito das desamortizacións do século XIX, co obxectivo de poñelas a disposición dos investigadores galegos nas institucións correspondentes"​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina