saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª., Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 4 de outubro de 2023


Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 59215 (11/PNC-004951)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España en relación coas obras de reparación da estrada N-642

BOPG n.º 565, do 20.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que axilice a obra de reparación da estrada N-642, vía vertebral para a comunicación dos concellos do litoral da Mariña lucense, de tal xeito que se finalicen con carácter de urxencia os traballos pendentes no treito afectado polo socavón (p.q 42.3) e se garanta a recuperación da circulación no conxunto desta estrada en condicións de normalidade, vialidade e seguridade."



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina