Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 58622 (11/PNC-004906)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para avanzar na dixitalización do ensino galego
BOPG n.º 557, do 07.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a que, en coherencia co previsto na Estratexia Educación Dixital 2030 avance na dixitalización do ensino galego a través do uso das técnicas de big data e intelixencia artificial, co obxectivo de implementar novas iniciativas e/ou programas:
- Que axuden no deseño de estratexias e na toma de decisións sobre políticas educativas en Galicia.
- Que faciliten e axilicen a xestión de datos e información que xera o sistema educativo.
- Que posibiliten acadar un expediente dixital para cada alumno e alumna.
- E que aborden a necesaria modernización das canles de comunicación e información entre a Administración educativa e os diferentes axentes educativos".