saltar ao contido

A final do Parlamento Xove celébrase na Cámara galega

  • O certame “desenvolve e divulga os valores parlamentarios, que son a esencia da democracia", destacou o presidente do Parlamento de Galicia.

 

 

Santiago, 21 de xuño de 2024.- O certame de oratoria e debate Parlamento Xove, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, celebrou a súa décimo quinta edición no pleno do Parlamento de Galicia.

 

Na clausura do acto, o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira destacou “os sempre novidosos asuntos a debate, a gran capacidade de argumentación dos participantes, así como o enxeño no uso da palabra". Este tipo de certame “desenvolve e divulga os valores parlamentarios, que son a esencia da democracia e permiten converter a tolerancia na norma de conducta", resaltou respecto ao formato desenvolvido  pola Xunta de Galicia.

 

O xefe do Lexislativo autonómico trasladou os seus parabéns tanto ao sistema educativo como ás familias, e á organización de Parlamento Xove por combinar a aposta pola argumentación sólida coa divulgación da cultura e os valores parlamentarios.

 

Tolerancia e respecto

 

O valor da tolerancia, representado durante o evento pola diversidade de opinións e o respecto entre ideas contrapostas, "implica recoñecer que os rivais son cidadáns decentes e lexitimados para a defensa das súas posturas coma nós mesmos", afirmou Santalices.

 

Durante a clausura do certame, o presidente do Parlamento estivo acompañado pola vicesecretaria xeral da Mesa do Parlamento, Patricia Iglesias; a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses Álvarez e deputadas e deputados dos diferentes grupos parlamentarios.

 

Premios

 

Universidade

 

-        Equipo: Campus de Santiago de Compostela

-        Oradores: Alejandro Alvarellos Villaverde (Campus Santiago de Compostela, Santiago de Compostela), Jaime Arangüena Laffon (Campus A Coruña, A Coruña), Andrés Collantes Barros (Campus Santiago de Compostela, Santiago de Compostela).

 

Bacharelato

 

-        Equipo: CPR Plurilingüe La Salle (Santiago de Compostela)

-        Oradores: Mateo Somoza Martínez (CPR Plurilingüe La Salle, Santiago de Compostela), Laura García Castro (IES Muralla Romana, Lugo), Alba Sánchez Suárez (CPR Plurilingüe La Salle, Santiago de Compostela).

 

ESO

 

-        Equipo: IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

-        Oradores: Ledicia Paz Fernández (IES Rafael Puga Ramón, A Coruña), Marta Barcala Balsa (CPR Plurilingüe Sagrada Familia-Filipenses, Vilagarcía), David Pereira Santín (IES Muralla Romana, Lugo).​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina