Santiago, 19 de outubro de 2024.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta, Miguel Corgos, entregou hoxe ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2025.
De seguido, a Mesa do Parlamento cualificou o proxecto de lei e, unha vez oída a Xunta de Portavoces, o asignou a comisión e aprobou o calendario de tramitación deste texto lexislativo.
Calendario de tramitación do proxecto de lei de Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 2025
OUTUBRO
19 (sábado)
-PRESENTACIÓN DOS ORZAMENTOS
-MESA (10.00 hs.) Cualificación e admisión a trámite e aprobación do
calendario de tramitación do proxecto de lei.
-XUNTA DE PORTAVOCES (10.30 hs.) Asignación á comisión competente,
audiencia en relación co calendario de tramitación.
-PUBLICACIÓN DO PROXECTO DE LEI NO BOPG.
20 (luns, ás 14:00 hs.)
21
-REMATA PRAZO SOLICITUDE COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
-CALENDARIO COMPARECENCIAS A FIXAR POLA MESA DA COMISIÓN 3.ª
22 (martes)
- PLENO
23 (mércores)
PLENO
24 (xoves)
COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
25 (venres)
COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
28 (luns)
COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
29 (martes)
-COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
-MESA (10:30 hs.)
-XUNTA DE PORTAVOCES (11:30 hs.) Para fixar a orde do día do Pleno do
5 e 6 de novembro.
30 (mércores)
COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
31 (xoves)
COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
NOVEMBRO
4 (luns)
COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
5 (martes)
-PLENO
6 (mércores)
- PLENO
7 (xoves, 18:30 hs.)
-REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS EMENDAS Á TOTALIDADE
-COMPARECENCIAS NA COMISIÓN 3.ª
11 (luns)
-CUALIFICACIÓN DAS EMENDAS Á TOTALIDADE POLA MESA DA COM. 3.ª
12 (martes)
-PUBLICACIÓN EMENDAS Á TOTALIDADE NO BOPG
-MESA (10:30 hs.)
-XUNTA DE PORTAVOCES (11:30 hs.). Para fixar a orde do día do Pleno
para o debate orzamentario de totalidade do 18 de novembro e do Pleno do 19 de novembro.
16 (sábado, 13.00 hs.)
REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS EMENDAS PARCIAIS
18 (luns)
PLENO DO DEBATE DE TOTALIDADE DE ORZAMENTOS
19 (martes)
PLENO
20 (mércores)
PLENO
22 (venres)
- CUALIFICACIÓN DAS EMENDAS PARCIAIS POLA MESA COM. 3.ª
- CONVOCATORIA DA COMISIÓN 3.ª PARA A DESIGNACIÓN DA
PONENCIA.
-PUBLICACIÓN DAS EMENDAS PARCIAIS NO BOPG.
25 (luns)
-REUNIÓN COMISIÓN 3.ª E DESIGNACIÓN DA PONENCIA
26 (martes)
-MESA (10:30 hs.)
-XUNTA DE PORTAVOCES (11:30 hs.). Para fixar a orde do día do Pleno 3
e 4 decembro.
-INFORME DE PONENCIA
27 (mércores)
-INFORME DE PONENCIA
DECEMBRO
3 (martes)
PLENO
4 (mércores)
-PLENO
- PUBLICACIÓN DO INFORME DA PONENCIA NO BOPG.
-MESA DA COMISIÓN 3.ª: CONVOCATORIA DA COM. 3.ª PARA A ELABORACIÓN DO DITAME
5 (xoves)
-DITAME DA COMISIÓN
9 (luns)
-DITAME DA COMISIÓN
10 (martes)
-DITAME DA COMISIÓN
(escritos de mantemento de emendas e, se é o caso, de formalización de votos particulares)
11 (mércores)
-MESA (10:30 hs.)
-XUNTA DE PORTAVOCES (11.30 hs.). Para fixar a orde do día do Pleno 17
decembro.
-PUBLICACIÓN DO DITAME DA COMISIÓN
12 (xoves)
-MANTEMENTO DE EMENDAS E FORMULACIÓN DE VOTOS
PARTICULARES
17 (martes)
-PLENO ORZAMENTARIO
18 (mércores)
PLENO